Pois vai ser que sí. O 19 de Xuño toca votar, toca cambio

Hoxe Fraga anunciou que o vindeiro luns procederá á sinatura do decreto de disolución do Parlamento e convocatoria de eleccións anticipadas para o 19 de Xuño.

As presións do PP estatal, co propio Rajoy á cabeza, foron brutais. Fraga cedeu, pero a improvisación palpase no seu propio partido, xa que colleu á propia maquinaria electoral do PPde Galicia cos deberes a medio facer e sen ter planificado axeitadamente este novo escenario.

No interior do PPdeG e no interior do goberno galego, voltaron a producirse tensos debates e posicionamentos semellantes ós da crise do Prestige, aínda que desta volta os da boina contaban con menos forza, menos efectivos, e sobre todo faltaba Pepe Cuiña, nembergantes algún día terá que contarse o sucedido nos últimos 15 días no interior da dereita galega.

Os do birrete utilizaron todolos “medios” posibles para forzar a decisión do adianto electoral.

Agora tocará unha campaña inmediata, casi fugaz, en menos de 60 días, Galicia verá a luz do cambio.

Para que o cambio chegue, hai que traballar día e noite. Estamos en condición de ofrecerlle a Galicia unha alternativa, unha forma diferente de gobernar, unha oportunidade de modernización e transformación. Debemos poñer a Galicia á altura doutras comunidades autónomas e doutras rexións europeas.

Estamos en campaña. Saúde e esperanza.



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>