Pleno Municipal en Noia

pleno de Noia

 

 “Guerrero dimisión e Lage ó paredón”, este foi un dos gritos proferidos e repetidos por un pequeno grupo de veciños que se opoñen á construcción dunha variante de poboación enNoia. Prodúxose o pasado venres á saída do pleno municipal de Noia.

Viña de celebrarse o primeiro pleno ordinario do Concello de Noia despois de celebradas as pasadas eleccións municipais. Sempre que podo acudo ás sesións plenarias do concello no que vivo pero este venres tiña xa comprometida unha cea cuns amigos en Muros e non puiden asistir.

En Noia os plenos son seguidos por moitos veciños e ás veces hai tensión, debate … Noia é un pobo vivo …

Este venres pasado,  un grupo cidadán de posibles afectados polo proxecto dunha infraestructura viaria, como é a variante de Noia, manifestouse, realizando unha protesta sonora polo que me transmitiron testigos presenciais. Cónstame que o noso alcalde  chamou á calma ós veciños, tratando de rebaixar a tensión existente e evitando calquera incidente.

A min paréceme normal que os veciños protesten, se manifesten, e que fagan uso dos seus dereitos constitucionais. Nunca me veredes nunha posición diferente, agás para defender que o dereito dun cidadán remata onde comeza o do seu veciño que ten unha posición diferente a él e que é tan lexítima coma a súa.

Como vos relataba ó comezo, ó grito de “Guerrero dimisión e Lage ó paredón” os manifestantes recibiron a saída dos membros da corporación pertencentes ó PSdeG e ó BNG.

Penso que a frase contéstase por si soa e agardo que as boas maneiras non falten nunca nin no debate político nin na defensa das posicións de cada veciño ou veciña.

Noia precisa sair para adiante, e de seguro que neste mandato comezaran a cambiar algunha cousas.



9 comentarios para “Pleno Municipal en Noia”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>