
“Guerrero dimisión e Lage ó paredón”, este foi un dos gritos proferidos e repetidos por un pequeno grupo de veciños que se opoñen á construcción dunha variante de poboación enNoia. Prodúxose o pasado venres á saída do pleno municipal de Noia.
Viña de celebrarse o primeiro pleno ordinario do Concello de Noia despois de celebradas as pasadas eleccións municipais. Sempre que podo acudo ás sesións plenarias do concello no que vivo pero este venres tiña xa comprometida unha cea cuns amigos en Muros e non puiden asistir.
En Noia os plenos son seguidos por moitos veciños e ás veces hai tensión, debate … Noia é un pobo vivo …
Este venres pasado, un grupo cidadán de posibles afectados polo proxecto dunha infraestructura viaria, como é a variante de Noia, manifestouse, realizando unha protesta sonora polo que me transmitiron testigos presenciais. Cónstame que o noso alcalde chamou á calma ós veciños, tratando de rebaixar a tensión existente e evitando calquera incidente.
A min paréceme normal que os veciños protesten, se manifesten, e que fagan uso dos seus dereitos constitucionais. Nunca me veredes nunha posición diferente, agás para defender que o dereito dun cidadán remata onde comeza o do seu veciño que ten unha posición diferente a él e que é tan lexítima coma a súa.
Como vos relataba ó comezo, ó grito de “Guerrero dimisión e Lage ó paredón” os manifestantes recibiron a saída dos membros da corporación pertencentes ó PSdeG e ó BNG.
Penso que a frase contéstase por si soa e agardo que as boas maneiras non falten nunca nin no debate político nin na defensa das posicións de cada veciño ou veciña.
Noia precisa sair para adiante, e de seguro que neste mandato comezaran a cambiar algunha cousas.


Marcus escribiu:
Ui, a vindeira vez que nos vexamos xa terei berro de guerra para recibirte
Iso si, gusta saber que hai vilas como as de Noia nas que a cidadanía participa. Dese xeito acádase unha maior transparencia nos gobernos.
lage escribiu:
Ola Marcus, a verdade é que Noia é un concello moi vivo, onde é importante a participación e a viveza do debate público, sí, pero tamén o é a acción e a planificación … e neso estamos … aí é onde se está a poñer o mono de traballo o goberno municipal PSdeG-BNG que encabeza Rafa Gª Guerrero.
Agardo que nos vexamos pronto para que poidas facer pinitos co berro de guerra …jeeejejjee
de muros escribiu:
A ver Lage Tuñas, paréceme moi ben que saques as críticas que che fan antes que os outros disparen, pero xa que falas de boas maneiras, repito (porque vexo que só contestas aos amigos que son máis ou menos da túa corda) ¿parécenche formas as que están a demostrar os socialistas no concello de Muros con esas camisetas e eses escándalos que montan cada día? ¿En verdade cres que Caridad, dando esa vergoña pública, merece o posto e o soldo que ten na deputación?
Por favor, deberías saber o perigoso que é ver a palla no ollo alleo e non a viga no propio.
Unha veciña
lage escribiu:
Estimada veciña de Muros:
En primeiro lugar eu contesto a todos e todas as que entran na miña páxina, se alguén quedou sen contestación foi por erro ou despiste … así que non sei de onde quitas iso de que só contesto ós amigos.
En segundo lugar, eres libre de pensar como queiras e eu respecto o teu punto de vista, o que non significa que teñas razón.
Falo de boas maneiras porque penso que todo ten un límite, ou crees que debería de contestar a aqueles ós que se lle quenta a boca e utilizan actitudes antidemocráticas….
En democracia a arma é a palabra e os votos.
Respecto de Muros, penso que o PSdeG e Caridad como candidata quitaron un moi bo resultado (6 concelleir@s sobre 13 totais)e penso tamén que lexítimamente o BNG e o PP pactaron un goberno anti-PSdeG-PSOE; Só sucede que o BNG e máis nós temos un acordo nacional e que o BNG en Muros non o respetou.
Pode o BNG pactar co PP? por suposto; así o fixo e así caeron as caretas dos puritanos que van a liberar ó país dese partido terrorífico que é o PP…. (eso é o que di sempre o BNG, estou exaxerando, xa )
Isto significa que o PSdeG teña que quedar calado,penso que non. Iso significa que os cidadáns de Muros contaban cun acordo desa natureza? pois haberá opinións diversas … eu diría que non pero podo estar equivocado …
As formas son as de cadaquén, eu son dun xeito e outros compañeiros son doutra maneira, non penso que por iso sexan peores ou mellores ca min
Pódoche asegurar que non me gusta o barullo nin a bronca política, e penso que a utilización dun determinado vestiario non debería ser o leiv-motiv dos plenos municipais senón o que neles se discute. Polo demais decirche que Caridad é deputada provincial porque así o decidiron @s concelleir@s do PSdeG no partido xudicial e contou co apoio do Partido. O salario é o que se fixa na deputación para todos e todas os que teñen atribucións coma ela nunha área de responsabilidade, así que non é algo persoal senón que é o que lle toca.
Agardando ter respostado á túa entrada neste blog, convídoche a seguir mantendo un contacto fluido a pesares de que non coincidamos ó cen por cen nas nosas apreciacións.
Saúde
veciña de muros escribiu:
Agradézoche a contestacion. E creo que debo transmitircho.
Gústame o que dis e como falas aínda que tampouco coincida contigo en moitas cousas.
lage escribiu:
Estimada veciña de Muros, aquí estamos para seguir reflexionando e intercambiando opinións.
Unha aperta
Roxelio escribiu:
por desgraza sempre habera quen queira voltar a dictadura, ali falabase de democracia, pero os berros que lanzaban non eran democraticos se non dictatoriais. levo moitos anos seguindo a politica noiesa xa que aqui nacin, estiven fora durante 3 anos e seguin igualmente vendo como ia a politica de noia eagora voltei e so vexo crispacion, se o problema e que van derrubar casas a solucion non e unha ponte sobre a ria, que posiblemente deixe afectados os mariscadores a preto de 2000 familias que viven da recollida do marisco, ai solucions aparte da ponte por exemplo cambiar o trazado e afastar 100, 200 ou 300 metros a estrada das casas eso e viable ainda que seria redactar outro proxecto, pero habendo alternativas polo interior, non vexo a necesidade dunha ponte na ria que non solucionara o tema do trafico, a mais se se fai a via polo interior lousame ten proxectados 3 poligonos industriais que faran que se asenten empresas que daran traballo a moita xente tanto de lousame como de noia coma do resto da bisbarra e mellorara a comunicacion con esas zoas.
aparte o tema da ponte ten moito intringulis, penso que esa xente en vez de andar coa ponte de aqui para ala, deberia de estar loitando por que en vez dunha via de alta capacidade sexa unha autovia eso e polo que de verdade se deberia loitar non fai falla esperar anos cando se sabe que a estrada noia santiago soporta un trafico intenso, as molestias que se causaran con un desdobramento da via podense apreciar na via de alta capacidade ribeira padron.
Lage, lamento os berros lanzados contra a tua persoa como veciño de noia que eres, so espero que non se volvan a producir.
Saudos
José Manuel Lage escribiu:
Ola Roxelio, moitas grazas polo teu comentario. Vexo que temos amplas coincidencias.Entendo que estar na actividade pública leva consigo aceptar críticas a pesar de que os métodos ou as expresións sexan antidemocráticas a todas luces como foi o caso citado. En fin hai que estar ás duras e ás maduras.
unha aperta
Lage » Un salto histórico para Noia escribiu:
[…] Rafa, do alcalde, Rafael García Guerrero. Xuntos, vivimos con este proxecto moitas experiencias e situacións que non se nos olvidarán de seguro, foron moitas xuntanzas de traballo coa Consellería de […]