Parellas de feito ?

Ó fío dos traballos que vén desenvolvendo a ponencia para a reforma da Lei do Dereito Civil de Galicia no seo do parlamento, mantiven unha interesante conversa cunha amiga sobre o sentido das parellas de feito.

Se se equiparan ás parellas de feito en dereitos e obrigas co matrimonio, onde está a diferencia entre unhas e outras?

Esa pregunta repetíama insistentemente para facerme ver que ó mellor algunha xente está influida aínda pola vella idea romántica do matrimonio, cando do que estamos a falar é dun contrato, por moito adorno que se lle aplique.

Por iso me preguntaba onde está a diferencia entre unha acta notarial, inscribirse nun rexistro ou asinar diante dun xuiz ou xuiza?

Recordábame, desmitificando un pouco o feito de casarse, que no Código Civil non di nada de quererse, concretamente os artigos 66, 67 e 68 falan da convivencia, da axuda mútua, da fidelidade, etc.

Ela di que era entendible que o recurso a un rexistro municipal ou o recoñecemento das parellas de feito poidera ser un saída para as parellas homosexuais, xa que non tiñan posibilidade de acceder ó matrimonio. Pero agora que esa conquista está acadada, Que sentido ten recoller nunha lei a equiparación das parellas de feito ó matrimonio?

Esta é a súa reflexión, pareceume interesante, xa que ás veces non paramos a pensar neste tipo de cousas. E por iso vos invito a que poidades aportar as vosas ideas a esta reflexión sobre o sentido que teñen hoxendía as parellas de feito.

 



21 comentarios para “Parellas de feito ?”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>