Unha catástrofe ecolóxica vivimos estos días no río Umia. A explosión nuns depósitos dunha empresa de productos químicos sita nas inmediacións, trouxo consigo a contaminación do río, poñendo en perigo o abastecemento de auga potable ás poboacións do Salnés, Arousa e ó propio concello de Caldas.
Teño que decir que a actuación da Xunta de Galicia está sendo a correcta. Tanto Pachi Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente coma Carmen Gallego, conselleira de Pesca, están “actuando polo libro”.
Observo con satisfacción a inmediatez na resposta da Xunta á desgracia ambiental ocurrida, creo que están actuando dando respostas, parando con tódolos medios posibles o verquido e traballando noite e dia para garantir o abastecemento de auga ós veciños.
Tocará o momento de pedir responsabilidades. Polo de agora, o goberno galego xa remitiu á fiscalia os datos pertinentes e abreu os respectivos expedientes admnistrativos á empresa responsable.
A recuperación ambiental do Umia levará o seu tempo, pero o feito vivido deberá servir para que a Administracción extreme a cautela no que se refire á ubicación deste tipo de almacéns, xa que no caso do que estamos a falar, a instalación non cumpría a normativa.


