Os Premios Goya, patriotismo americano, patriotismo español e cidadanía

Os Goya foron un éxito para Galicia e para os galegos, por Mar Adentro, polos premiados, pola historia de Sampedro, e por universalizar dende Galicia un feito local.

Un éxito, tamén, xa que serviu para reivindicar máis alá da “Villa y Corte” o traballo, a valía e o saber facer de galegas e galegos que traballan no audiovisual, e que a pesares de que precisemos outras políticas culturais en Galicia, poideron amosar que tamén existimos e temos calidade dentro desa industria.

O recoñecemento para Filmax e Julio Fernández, galego que aposta por Galicia e que é hoxendía unha referencia da creatividade no mundo da animación e o audiovisual.

Que os Goya sirvan para facer patriotismo do bo, que sirvan para recoñecer o talento e a creatividade da nosa industria, que sirvan para que ZP faga todo o que sexa posible para emular a Jack Lang, e dar ó cine español o que ten o Francés, esa bonita “excepcionalidade cultural”.

Non deixamos de escoitar, con demasiada frecuencia por desgraza, que ZP deixa que España se rompa, que o PSOE non ten proxecto de Estado, que queren vender España, e como dicían uns exaltados da dereita o outro día nunha manifestación en Madrid, “España 1 y no 51″, “España una y grande. Libre???? ”

Cando os Jiménez Losantos de turno se adican a defender o patriotismo cutre, o patriotismo de doblar o xeonllo diante do neoimperialismo estadounidense e axitar bandeiras preconstitucionais, cando os defensores das esencias do estado unitario se rachan as vestiduras polo que di Maragall ou polo que di Puigcercós, …. estamos a presenciar a negación da realidade, a negación do mundo no que vivimos, a negación da España na que nos tocou vivir, cadaquén dende o corazón, dende a identidade e o sentimento que queira expresar, en liberdade e con respecto ós demais.

Nembargantes non se lles aprecia a mais mínima ansia de defensa da nosa industria audiovisual, diso non fai patriotismo! claro defender o cine e o arte dramático que se fai en España, iso non,iso está moi mal, porque é mellor abrazar ó amigo americano, non si?

E logo os empregos e o valor engadido da industria cinematográfica non lles interesa ós patriotas defensores de bandeiras de 50 metros coma a que hai na praza de Colón en Madrid.

O patriotismo debería ser outra cousa, e de feito é así para moitos cidadáns silenciosos, que pensan que entrar na Comunidade Económica Europea foi bo para Galicia e para España, que pensan que realmente o patriotismo é a produción de valor engadido, investir no audiovisual, en investigación, en formación i educación, e en moitas máis cousas, NON só precisamos Cemento, aínda que é certo que temos déficits en infraestruturas.

Aínda que dende a COPE, personaxes coma Losantos digan que votar non á Constitución Europea é votar non a ZP o 20 de febreiro, (dicían na manifestación do outro día, o 20 de febreiro no a Zapatero, acordádesvos) e aínda que Rajoy diga “aquí nos entendemos todos”, será bo que fagamos un pouco de patriotismo, do bo, e demos un sí a Europa, e sigamos facendo patriotismo incluínte, non excluínte, patriotismo dos cidadáns e non só das mercancías, e patriotismo cultural, bendita excepción cultural Francesa, …..



Un comentario para “Os Premios Goya, patriotismo americano, patriotismo español e cidadanía”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>