Fai dúas horas que se producía unha intervención policíal na sede da Deputación de Lugo. As primeiras informacións apuntan á detención de sete funcionarios e á incautación de numerosa documentación.
Non estamos moi acostumados a este tipo de actuacións xudiciais e amósanse como un feito espectacular … veremos o alcance desta actuación … a verdade é que de entrada a cousa cheira un pouco mal.
A operación está relacionada coa investigación aberta pola fiscalía de Lugo pola denuncia do Grupo Socialista na que se aludía a supostas prácticas ilegais no seo ente provincial que dirixe Francisco Cacharro Pardo (PP).
Imos ver o que sucede …


Chaider escribiu:
O que sucede nestes intres é que Cacharro está a usar a trituradora de papeis coma un tolo.
Iván escribiu:
Por fin parece que a xustiza ve o que era un secreto a voces, a prevaricación na Deputación de Lugo. De tódolos xeitos sempre nestes casos me asombra a indignación e grandilocuencia coa que reacciona a sociedade antes escándalos deste tipo e cómplice e transixente que se amosa coa corrupción cotidiana, como, por exemplo, os cartos en negro que moitos constructores esixen á hora mercar un piso.
En calquera caso, noraboa á xustiza, ó grupo socialista e ós cidadáns e cidadás de Lugo por empezar a poñerlle freo a unha situación que era xa surrealista. ¿Cal será hoxe o estado de ánimo de Barreiro?
Miguel escribiu:
É increible que na deputacion de Lugo que atende exactamente a 350.000 persoas, traballen nela 700 funcionarios, xustametne 100 funcionarios mais que ten a deputacion de a coruña que traballa con 1.200.000 persoas.
Ogalla que se destape este fraude e se faga xustiza dunha vez, nunha terra tan fermosa como acolledora.
lage escribiu:
Espero que se poña luz sobre aquelas cuestións opacas ou oscuras que poidan existir nas corporacións locais … é preciso que os cidadans poidamos ter confianza nas institucións r que non existan sombras de dúbida sobre determinadas institucións