Onde se invirten os euros que administra a Xunta de Galicia

Alguén se pregunta cantos euros leva administrados a Consellería de Política Territorial nos últimos 15 anos de goberno do PP en Galicia?
Alguén fai análises pormenorizadas do grao de execución dos orzamentos da Xunta ano a ano?
Sabedes que a Xunta administrará no ano 2005 9.090 millóns de euros?
Semella que só Madrid(goberno central) pode resolver os nosos problemas…. e que hai do autogoberno?

Penso que as inversións do Estado son fundamentais e por iso un goberno socialista cumprirá con Galicia o que outro do PP non foi capaz de facer en 8 anos, mais ninguén se pregunta que pasa cos cartos de tódolos galegos e galegas que administra a Xunta de Galicia? ¿Que sucede coa construción da autovía entre Noia e Santiago, prometida por Cuiña Crespo xa no ano 1998? Que pasa coa autovía do Barbanza ou coa do Salnés, prometidas ano tras ano polo Presidente Fraga e polos seus conselleiros? ¿Qué fixo o Partido Popular pola Costa da Morte ou pola comarca de Muros, azoutadas pola catástrofe do Prestige? Que lle van prometer un AVE, cando non teñen nin estradas dignas nin chan empresarial nin un proxecto de desenvolvemento económico para esa zona? Que pensan, que chega con poñer un Parador nuns papeliños que poñen Plan Galicia na cabeceira das follas?

Queremos un País de verdade ou un País que no que sigamos a vivir da propaganda e os contiños?

Eu desexo un País forte, cun goberno que estimule o I+D+i, que invista en coñecemento, que poña en valor os recursos humanos que temos e aproveite os nosos recursos naturais facendo do desenvolvemento sostible un plus e non un lastre.
Eu desexo un País no que nos preguntemos tantas veces como sexa necesario, onde se invisten os euros que administra o goberno da Xunta de Galicia? Que nos preguntemos tantas veces iso como veces preguntamos polo que nos pode dar Madrid?
Por qué correron ríos de tinta dicindo que as Autovías do Barbanza e o Salnés viñan nos orzamentos da Xunta para o 2005 sendo mentira, é dicir, falso? E por qué aínda sabendo que é falso se dicía e se di e se ampara que hai 13,5 millóns de euros para a autovía do Barbanza nos citados orzamentos, sendo rigorosamente falso?

Poden máis os ríos de tinta que a realidade de que despois de 10 anos de promesas aínda non existe un só quilómetro de autovía nin no Salnés nin no Barbanza, xa non digamos entre Noia e Santiago?



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>