Dende fai máis de seis anos o Concello de Outes obsequia cun distintivo denominado “Sancosmeiro de Ouro” a diferentes personalidades. O alcalde, Sr. López Crespo ( PP)utilizou de xeito partidista este galardon, agás nunha ocasión no que llo concedeu ó C.P. Emilio Navasqües do Cruceiro de Roo.
Manuel Fraga, José Cuiña, José Manuel Romay Beccaría, José Luis Torres Colomer e Carlos Negreira, foron os premiados polo Concello en diferentes edicións, utilizando o Partido Popular a súa maioría absoluta para instrumentalizar partidariamente dito premio.
Os socialistas entenden que este premio debería servir para recoñecer o traballo de persoas que teñen contribuido a mellorar o concello así como a súa dinamización social, económica ou cultural, e en todo caso non debería ser utilizado na confrontación entre partidos.
Este ano O PSdeG-PSOE Outes presentou o pasado 23 de xuño unha Moción no Concello propoñendo o outorgamento na edición do 2006 do “Sancosmeiro de Ouro” a D. Domingo Barreiros Lago, insigne veciño do termo municipal, que leva máis de coarenta anos dinamizando a vida socio-cultural de Outes. Gran impulsor da música e fundador de varias corais, foi xa homenaxeado en diferentes concellos galegos pola súa contribución á difusión musical e cultural.
Que fará Carlos López Crespo diante desta proposta? … atrévome a especular … e diría que como os socialistas se adiantaron con esta iniciativa, el tentará de levar outra diferente ó pleno para que a do PSdeG-PSOE non saia adiante,… o que pasa é que o fará a rebufo da Moción socialista, e o que é peor o fará para que a proposta socialista non saia adiante non por interese de premiar a outros.


JR2C escribiu:
Pois eu como proposta fago a de premiar ós superviventes.
E o alcalde de Outes, que seguramente terá que facer mostras diarias, ainda agora, de sumisión, seguidismo, alienación ,etc como de feito xa fixo premiando a tódolos dirixentes do PP coruñés ten tódalas papeletas para selo primeiro premiado.
O que non se me ocorre é como lle imos chamar ós premios… podería ser:
Algun dia fun progre, pero eso foi fai tempo. Viva Piqué, Gotzone Mora, Rosa Díez, Alberdi, Blanco Valdés…
Rosa Gomez Limia escribiu:
El anónimo JR22 está demasiado resentido como para entender que si hay que darle homenajes a personas, hay que dirigirlos hacia aquellas que se distinguen más por sus méritos personales que por los políticos, aunque a veces, hay que reconocerlo, algunos políticos “también” tienen méritos personales. ¡Anda y vuelve a ser razonablemente progresista que me gustarías mucho más, lo juro! Para inmovilista ese alcalde de Outes.
rafael escribiu:
boas:
escríboche porque non sei como poñerme en contacto co psoe de outes e quería transmitirche o meu malestar co actual grupo de goberno de outes polo abandono do campo de fútbol. o destrozo que alí se levou a cabo é impresionante, romperon portas dos vestiarios, fixeron pintadas, romperon a porta da oficina e roubaron roupa, material, documentos,…
espero que lle fagas chegar a miña queixa ó candidato do psoe de outes para que lle de caña ó alcalde e haber se conseguimos un cambio esperanzador, como o alcanzado en españa e galicia.
gracias e saudos dun outiense
lage escribiu:
Ola Rafael,
acabo de ver o teu comentario. Fareillo chegar ós compañeiros e compañeiras da candidatura do PSOE de Outes.
Penso que temos por diante un reto importante, facer posible un cambio esperanzador en Outes como ti ben dis, ó igual que fixemos en Galicia e en España.
Contamos contigo para que nos acompañes nesta ilusionante tarefa.
unha aperta
syrianna escribiu:
hola, estoy intentando conseguir la direccion de correo de un candidado al ayuntamiento de Outes por el psoe gallego, se llama rodriguez leis. Si puedes me lo envias a esta direccion de correo.
Gracias