O Sancosmeiro de Ouro de Outes

Dende fai máis de seis anos o Concello de Outes obsequia cun distintivo denominado “Sancosmeiro de Ouro” a diferentes personalidades. O alcalde, Sr. López Crespo ( PP)utilizou de xeito partidista  este galardon, agás nunha ocasión no que llo concedeu ó C.P. Emilio Navasqües do Cruceiro de Roo.

Manuel Fraga, José Cuiña, José Manuel Romay Beccaría, José Luis Torres Colomer e Carlos Negreira, foron os premiados polo Concello en diferentes edicións, utilizando o Partido Popular a súa maioría absoluta para instrumentalizar partidariamente dito premio.

Os socialistas entenden que este premio debería servir para recoñecer o traballo de persoas que teñen contribuido a mellorar o concello así como a súa dinamización social, económica ou cultural, e en todo caso non debería ser utilizado na confrontación entre partidos.

Este ano O PSdeG-PSOE Outes presentou o pasado 23 de xuño unha Moción no Concello propoñendo o outorgamento na edición do 2006 do “Sancosmeiro de Ouro” a D. Domingo Barreiros Lago, insigne veciño do termo municipal, que leva máis de coarenta anos dinamizando a vida socio-cultural de Outes. Gran impulsor da música e fundador de varias corais, foi xa homenaxeado en diferentes concellos galegos pola súa contribución á difusión musical e cultural.

Que fará Carlos López Crespo diante desta proposta? … atrévome a especular … e diría que como os socialistas se adiantaron con esta iniciativa, el tentará de levar outra diferente ó pleno para que a do PSdeG-PSOE non saia adiante,… o que pasa é que o fará a rebufo da Moción socialista, e o que é peor o fará para que a proposta socialista non saia adiante non por interese de premiar a outros.



5 comentarios para “O Sancosmeiro de Ouro de Outes”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>