Comunicado dos Socialistas Galegos
O PSdeG-PSOE quere expresar, en primeiro lugar, o seu pésame aos familiares, amigos e compañeiros do ex-concelleiro socialista Isaías Carrasco e desexa transmitirlles toda a súa solidariedade, cariño e afecto nestes momentos de inmensa dor.
A banda terrorista ETA volveu cometer un acto criminal. O PSdeG-PSOE amosa a súa máis absoluta condena e a súa infinita repulsa ante o vil asasinato dunha persoa indefensa que se comprometera ao longo da súa vida coa democracia, os valores e principios que rexen a nosa convivencia pacífica.
A banda terrorista ETA ten que saber que nunca conseguirá os seus obxectivos, que os demócratas, non nos renderemos ata que consigamos a súa total desaparición. Os terroristas deben ter claro que non imos aceptar o totalitarismo das balas. O fin último dos asasinos de Isaías é ser detidos, xulgados e condenados a pasar moitos anos no cárcere.
O PSdeG-PSOE reitera o seu total rexeitamento á barbarie terrorista, por este novo atentado contra a democracia e considera que o terror das pistolas non pode substituír a vontade dos cidadáns, a mellor resposta aos tiros son os votos, a libre manifestación da democracia. Os terroristas nunca poderán cambiar a soberanía dos cidadáns, que se expresará o próximo domingo.
O PSdeG-PSOE reafirma o seu absoluto apoio ao Goberno español na loita contra o terrorismo, a confianza nas institucións e nas leis que rexen o estado de dereito .


jorge hugo bertran vall escribiu:
teniendo la posibilidad, de protestar,reunirse para dicernir,contra las politicas actuales, y la posibilidad de votar , cuando llega el turno, hay una forma ruin y asesina, que es la que nos presenta el terrororismo artero, dejando tendales de inocentes en su macrabro derrotero
usted podra ser de izquierda , derecha o de centro, pero matar por idean ,jamas.
licenciado jorge hugo bertran vall
capital federal argentina
tel. 4921-0504 email bertranvall@yahoo.com.ar