»


O PSdeG condena a barbarie terrorista

 Comunicado dos Socialistas Galegos

O PSdeG-PSOE quere expresar, en primeiro lugar,  o seu pésame aos familiares, amigos e compañeiros do ex-concelleiro socialista Isaías Carrasco e desexa transmitirlles toda a súa solidariedade, cariño e afecto nestes momentos de inmensa dor.

A banda terrorista ETA volveu cometer un acto criminal. O PSdeG-PSOE amosa a súa máis absoluta condena e a súa infinita repulsa ante o vil asasinato dunha persoa indefensa que se comprometera ao longo da súa vida coa democracia, os valores e principios que rexen a nosa convivencia pacífica.

A banda terrorista ETA ten que saber que nunca conseguirá os seus obxectivos, que os demócratas, non nos renderemos ata que consigamos a súa total desaparición. Os terroristas deben ter claro que non imos aceptar o totalitarismo das balas. O fin último dos asasinos de Isaías é ser detidos, xulgados e condenados a pasar moitos anos no cárcere.

O PSdeG-PSOE reitera o seu total rexeitamento á barbarie terrorista, por este novo atentado contra a democracia e considera que o terror das pistolas non pode substituír a vontade dos cidadáns, a mellor resposta aos tiros son os votos, a libre manifestación da democracia. Os terroristas nunca poderán cambiar a soberanía dos cidadáns, que se expresará o próximo domingo.

O PSdeG-PSOE reafirma o seu absoluto apoio ao Goberno español na loita contra o terrorismo, a confianza nas institucións e nas leis que rexen o estado de dereito .



Un comentario para “O PSdeG condena a barbarie terrorista”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>