O PP rompe o pacto anti-transfugismo en Mos

O PP acaba de romper o pacto anti-transfugismo no concello pontevedrés de Mos. Oito concelleiros do PP asinan unha moción de censura cun tránsfuga do PSdeG-PSOE.

O PP amosa non ter escrúpulos. Dirán que non están dacordo. Dirán que van a abrir expedientes ós concelleiros e concelleiras,  ….. non … non …. o que ten que facer o PP é impedir a Moción de Censura, impedir a ruptura das reglas do xogo pactadas entre tódalas forzas políticas, porque é o PP o que presenta a moción de censura non un grupiño de concelleiros e concelleiras alleos.

Unha estreita colaboradora de Rafael Louzán, Presidente provincial do PP de Pontevedra, encabeza este atentado á democracia, pervertindo a decisión dos electores de Mos.

Que casualidade que xusto cando Alberto Núñez Feijóo está de viaxe en Arxentina se produce a presentación da moción de censura, non sí?

Unha película moi pensada intentando que o Presidente do PPdeG non se vira salpicado e estivera ben lonxe  no momento da censura.

Incluso Rafael Louzán di que non sabía nada.

Esto xa é un pouco máis difícil de crer … non vos parece?  Sobre todo se temos en conta que Nidia Arévalo, a cabeza do PP de Mos,  é persoal de confianza do  Presidente da Deputación de Pontevedra …

Dúas cousas por agora:

Primeiro pedirlle ó PP que retire a moción de censura e volva ó pacto anti-transfugismo.

Segundo,  amosar o meu respaldo á compañeira María Jesús “Chus” Escudero,  polo seu bo facer, pola súa coraxe, pola súa capacidade e por ser unha alcaldesa que sempre defende ós seus vecños poñendo sempre por diante os valores de xustiza, igualdade e solidariedade.



2 comentarios para “O PP rompe o pacto anti-transfugismo en Mos”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>