No ano 1989, existían 45.887 cidadáns galegos no censo especial de residentes ausentes (CERA), durante a era Fraga en Galicia pasamos a ter no CERA 305.000 persoas, aproximadamente, en 2005.
Hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia, o Conselleiro Popular, Sr. Miras Portugal, propuxo a creación dunha comisión para garantir a “limpeza” do voto emigrante.
Isto é delirante, despois de catro maiorías absolutas de Fraga Iribarne, o PP acorda que sería bo garantir a “limpeza” no proceso de eleccións autonómicas próximo.
Ben, só se me ocorre dicir que saúdo positivamente o recoñecemento de cantidade de denuncias presentadas polo PSdeG-PSOE nas que se facía constar a manipulación dos votos por parte de axentes electorais do Partido Popular e coa aquiescencia do actual Presidente da Xunta.
Dende o ano 1989 os socialistas galegos vimos reclamando medidas que garantan a limpeza do voto nos procesos electorais xa que como constatou un destacado dirixente do Partido Popular presidente do Consello Xeral da Emigración durante moito tempo, José Manuel Castelao Bragaña, afirmou en sede parlamentaria fai uns anos: «Yo mañana voy al correo. Soy amigo de uno, agarro una bolsa de sobres, me la llevo a casa y voto por 100 o 200».
É un auténtico recoñecemento de parte o que hoxe fixo o Sr. Miras Portugal, nin máis nin menos que recoñecer as constantes irregularidades detectadas ó longo dos anos, e moitos galegos e galegas do exterior votando nas sedes do Partido Popular.
O señor Fraga e o Sr. Miras Portugal xa saben que o Partido Socialista está a prol da limpeza no voto exterior, e tamén saben que creemos no sistema democrático, o único que teñen que facer eles, é ser consecuentes e despois de recoñecer a indignidade cometida durante anos, non perverter o voto do exterior e absterse de utilizar os fondos da Xunta para comprar vontades en Latinoamérica.
“Estamos ensayando fórmulas de votación electrónica en el exterior que pongan las bases del inmediato futuro”, dixo Miras Portugal; pois sí poñan as bases, pero se fan o favor non poñan as sacas para encher con votos como dicía o seu compañeiro de Partido, o Sr. Castelao Bragaña.
Esta comparecencia do Conselleiro Miras Portugal é a crónica dunha derrota anunciada.


hair loss propecia escribiu:
propecia…
defecate argued…