O PP fronte ós dereitos individuais

“Les quitaría el derecho”. O Presidente do PP, nunha entrevista a 20 Minutos publicada o pasado 8 de Febreiro, recoñeceu que, se gaña as eleccións do 9-M haberá cambios con respecto aos matrimonios entre homosexuais: non permitirá que os gais adopten e impediralles unirse baixo a palabra “matrimonio”.

De nada servirá, xa que logo, o pronunciamiento do Tribunal Constitucional sobre o recurso que presentou o PP en setembro de 2005 contra a lei de matrimonios gais.

Diga o que diga o alto tribunal, a decisión de Mariano Rajoy contra o colectivo gai (máis de catro millóns de mulleres e homes) está tomada.

Si gañase o PP que pasaría cos 80.000 nenos con dous pais ou dúas nais que hai en España?

Pode incluso que nesta deriva de propostas para recortar dereitos , o PP queira ir máis aló nas súas “leis apartheid e propoña reformar a Lei de Adopcións de 1987 que permite adoptar a individuos solteiros … co obxectivo de pechar as portas á adopción por parte de homosexuais.
Eu pregúntome que pensarán moitos homes e mulleres do PP que están nesta situación ou que teñen unha determinada opción sexual?



6 comentarios para “O PP fronte ós dereitos individuais”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>