
“Les quitaría el derecho”. O Presidente do PP, nunha entrevista a 20 Minutos publicada o pasado 8 de Febreiro, recoñeceu que, se gaña as eleccións do 9-M haberá cambios con respecto aos matrimonios entre homosexuais: non permitirá que os gais adopten e impediralles unirse baixo a palabra “matrimonio”.
De nada servirá, xa que logo, o pronunciamiento do Tribunal Constitucional sobre o recurso que presentou o PP en setembro de 2005 contra a lei de matrimonios gais.
Diga o que diga o alto tribunal, a decisión de Mariano Rajoy contra o colectivo gai (máis de catro millóns de mulleres e homes) está tomada.
Si gañase o PP que pasaría cos 80.000 nenos con dous pais ou dúas nais que hai en España?
Pode incluso que nesta deriva de propostas para recortar dereitos , o PP queira ir máis aló nas súas “leis apartheid e propoña reformar a Lei de Adopcións de 1987 que permite adoptar a individuos solteiros … co obxectivo de pechar as portas á adopción por parte de homosexuais.
Eu pregúntome que pensarán moitos homes e mulleres do PP que están nesta situación ou que teñen unha determinada opción sexual?


Bernabé escribiu:
Ola Lage! Canto tempo! Mira que fai tempo que non pasaba por aquí…estiven ben ocupado…os Blogs dan moito choio!hehehe
Pois si…a deriva do PP cara a xenofobia, a homofobia e a discriminación cara a muller é intolerable. Finalmente todo enmascarado se ten que quitar a máscara…
Fai uns días dixo o lider da ultradereita belga que os partidos de dereitas europeos estábanse a reformar cara a socialdemocracia…excepto…quen será? Pois si, dixo, excepto o PP, que segue cunha verdadeira política de dereitas. Claro, isto dito polo lider ultradereitista belga…home…non é que soe moi ben!
Tremamos ante unha volta dos herdeiros de Aznar! Esperemos que unha alta participación de esquerdas faga que o PSOE cos seus apoios parlamentarios sega gobernado este gran Estado, España (bueno, isto último soa un popuquiño repipi, non?)
Apertas compañeiro!!!!
Fran escribiu:
Moitas cousas cambiarán en España se a dereita populista na que se convertiu o PP, hoxe, goberna en España. O máis preocupante desa nova dirección é que será cara atrás, de RETROCESO, alén do 1996, alén do 1982, mesmo, nalgúns aspectos, alén de 1978.
Os valores constitucionais da liberdade e a igualdade, onde cada quen é libre de decidir que facer para con si, sen máis límite que o pleno respecto á liberdade cos demais e a igualdade co outro, están en serio risco.
Tí, Lage, alertas sabiamente sobre o que cambiará en materia de dereitos civís (o matrimonio), o amigo Fariña sobre os dereitos e liberdades que se pretenden conculcar dende o odio e o resentimento… Voces no mar da opinión pública.
A marea, con todo, o verdadeiro Tsunami da Liberdade e a Igualdade, debe chegar o 9-M. Ese día todos nos xogamos moito. Podería resumilo, mesmo, nunha única frase: España debe decidir se quere garanti-lo seu futuro, mirando cara adiante, ou facer coma os cangarexos e volver, paseniño, cara a un ´’atrás’ triste e gris.
Moito ánimo, e todos/as a votar por Zapatero!
Esther escribiu:
Ala, ala. Tensión. A nos o que nos conven e a tensión. E mira que nos din que “pouca sal” nas comidas que no e bo ter moita tensión
Manuel Corbelle escribiu:
O problema é o de sempre , a dereita vive allea a realidade da sociedade é oponse ao avance dos dereitos dos cidadáns. Se por eles fora votariamos a época da inquisición ou ao Cuaternario xa postos.
Saúdos dende Coruña City , compañeiro.
Noiés escribiu:
Sinceramente, boto en falta, dende o teu blog, querido Lage, algunha mención onde amoses a túa repulsa ó suceso acaecido o día 13 na facultade de Económicas da USC. Por que creo que si ese lamentable suceso fóra contra alguen do PSOE xa terías publicado algo, ¿ou non?.
Saúdos.
lage escribiu:
Noiés, condeno con toda contundencia os actos violentos acaecidos o día 13 de febreiro en Económicas da USC.
Pareceume mal e un acto reprobable, como xa teño manifestado noutras ocasións, recordo agora mesmo cando lle tapiaron a porta ó profesor Blanco Valdés na Facultade de Dereito.
Eu creo que as armas en política son as palabras, e a liberdade ten que estar garantizada na nosa sociedade, por iso sempre me manifestei en contra deste tipo de actos violentos ou que cercenan a palabra dalgúen.
Respecto da túa pregunta, penso que acabo de contestarche xa que non entro en a quen lle suceda nin de que forza política sexa.
Nestas cousas non hai cores políticas.