O PP frea o uso do galego nas relacións co Parlamento Europeo

Os cidadáns galego non poderán dirixirse ó Parlamento europeo en lingua galega ó ser rexeitada a proposta do Goberno de España que solicitara que se permitirá ós cidadáns dirixirse ó Parlamento europeo nas linguas cooficiais que hai no Estado.  Esto é, o galego, o catalán e o euskara.

Na mesa do Parlamento europeo, os representantes do Partido Popular rexeitaron o uso do galego nas comunicacións dos cidadáns coa institución europea. Alejo Vidal-Cuadras, eurodiputado do PP foi un dos sete representantes da dereita que se opuxo ás demandas feitas polo goberno que preside José Luis Rodríguez Zapatero.

Gustaríame coñecer a opinión do Partido Popular de Galicia, o mesmo que se define como galeguista e defensor dos ideais de Brañas, Murguía, Piñeiro ou Castelao. Sería bó que Alberto Núñez Feijóo, recentemente elexido Presidente do PP en Galicia, fixera unha reprobación pública do ataque que sofrimos os galegos e as galegas por parte dos seus compañeiros de organización.

Cónstame que o Goberno de Zapatero está  estudiando a presentación dun recurso diante do Tribunal de Xustiza da UE. Tampouco estaría mal que o mesmo que lle pedimos á UE formara parte da normalidade dentro de España, que é un estado plurinacionale plurilingüístico, (castelán, galego, euskara, catalán). O das institucións europeas está ben pero ás veces parece que comezamos a casa polo tellado.



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>