Onte coñecíamos un documento interno do PP da Coruña no que se poñía de manifesto a estratexia do partido que dirixe Núñez Feijóo para dificultar a labor do novo goberno galego na loita contra o lume. Pensei que nalgunhas cousas coma a política contraincendios habería un mínimo sentido da responsabilidade, pero xa vexo que non.
Teño diante o citado documento e cada vez que o leo non deixo de pensar o pouco que lles importa a algúns dirixentes políticos a gobernanza do País.
Falar de estratexia “baseada na dilación, non na negativa” é unha irresponsabilidade de tal magnitude que amosa a falla de escrúpulos por parte dalgúns con tal de tentar erosionar e desgastar ó goberno de Galicia.
Este documento que coñecemos agora non serve para tapar os posibles erros de coordenación ou de actuación do dispositivo contraincendios da Xunta de Galicia, que seguro que tivo algún, aínda que quero recordar tamén que nunca se dispuxeron tantos medios humanos e materiais para combatir o lume, a pesar das estratexias do PP.
Penso que a lectura do citado documento é suficiente para ver a desvergonza coa que actuaron, así que paso de utilizar calificativos grosos diante dunha actuación que se descalifica por sí soa.



Brais escribiu:
Coido que e un erro non crear unha comision de investigacion.
O pobo necesita esa comision e o acordo de goberno PSG_PSOE - BNG di que se favoreceran as comisions de investigacion.
Logo, ¿a que ven unha comision de estudio?.
Luz, claridade, transparencia, eso e o que necesitamos.
Telmocartelle escribiu:
Quero ver pasar pola comision de investigacion a Srta. do PP da Coruña e a calquer outro/a dirixente que teña algo que ver con esa circular interna.Que expliquen o que fixeron
Quero ver tamen aos resposables e tecnicos das Consellerias de Medio Rural e tamen de Medio Ambiente que informen do seu traballo. A sensacion que teño e que non tiñan a preparacion e formacion suficiente para poñerse ao frente “de tantos medios humanos e materiais”.
Por ultimo, e despois de escoitar a todos, seria convinte citar a expertos independentes para saber mais das tecnicas a emplear para loitar contra o lume
Resumindo: Comision de investigacion inmediata, esta nova que acabamos de leer e os “posibles erros de coordenación ou de actuación do dispositivo contraincendiosos” ( que hai mortes non o esquezamos) fai necesario que os nosos representantes fagan o seu traballo e xustifiquen o auto-aumento de soldo. Expliquenos a todos o que pasou, que se fixo e o que non.