O PP e os incendios

lume  

Onte coñecíamos un documento interno do PP da Coruña no que se poñía de manifesto a estratexia do partido que dirixe Núñez Feijóo para dificultar a labor do novo goberno galego na loita contra o lume. Pensei que nalgunhas cousas coma a política contraincendios habería un mínimo sentido da responsabilidade, pero xa vexo que non.

 Teño diante o citado documento e cada vez que o leo non deixo de pensar o pouco que lles importa a algúns dirixentes políticos a gobernanza do País.

Falar de estratexia “baseada na dilación, non na negativa” é unha irresponsabilidade de tal magnitude que amosa a falla de escrúpulos por parte dalgúns con tal de tentar erosionar e desgastar ó goberno de Galicia. 

Este documento que coñecemos agora non serve para tapar os posibles erros de coordenación ou de actuación do dispositivo contraincendios da Xunta de Galicia, que seguro que tivo algún,  aínda que quero recordar tamén que nunca se dispuxeron tantos medios humanos e materiais para combatir o lume, a pesar das estratexias do PP.

Penso que a lectura do citado documento é suficiente para ver a desvergonza coa que actuaron, así que paso de utilizar calificativos grosos diante dunha actuación que se descalifica por sí soa.



2 comentarios para “O PP e os incendios”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>