Esta noite participarei no programa Hai Debate! da TVG que presenta Ana Rodríguez. O tema de debate será o novo Plan de Acuicultura que está elaborando o goberno da Xunta de Galicia.
Compartirei plató con Xosé Manuel Pereiro, xornalista de El País e de TVE-Galicia, Arturo Cerviño da emisora de radio COPE e con Julían Rodríguez da revista Capital.
Tamén estarán presentes en representación do PP e do BNG, José Manuel Balseiro e Bieito Lobeira, voceiros de Pesca dos respectivos grupos políticos.
Mañá contareivos as miñas impresións sobre este debate na TVG, e achegareivos a posición que temos dende o PSdeG-PSOE ó respecto da acuicultura e o futuro da mesma en Galicia.
Este sector económico, importante no desenvolvemento de Galicia, cobrou gran protagonismo no debate público nos últimos meses pola postura de confrontación da empresa Pescanova coa Xunta de Galicia que preside Touriño.



Blas escribiu:
Espero que che salise ben o debate. Aínda que con Balseiro; non sei, non sei.
lage escribiu:
Bueno, o debate polo seu formato, áxil e de corta duración, permite lanzar algunha idea ou fixar a posición política que temos no tema que nos tocou abordar.
Non me gusta entrar no barullo e tentei de comunicarme cos cidadáns resaltando datos que permiten visualizar o cambio de goberno en Galicia.
Xa me darás a túa opinión; Recoñezo que con Balseiro xuntar o debate e o rigor é como tentar mezclar auga e aceite … que lle imos facer … o PP está na estratexia do catástrofismo pintando un país irreal