O Parlamento estrea páxina web. Quero aproveitar a ocasión para felicitar ós membros da Mesa do Parlamento e á Presidenta, Dolores Villarino polos cambios introducidos, o que de seguro permitirá unha maior divulgación do traballo das parlamentarias e parlamentarios que representamos ó pobo galego.
Este novo espacio na rede permitirá ó cidadán coñecer máis de preto as leis que estamos a tramitar e tamén facilitará a súa participación, con aportacións e comentarios sobre os proxectos lexislativos.
De igual xeito a web achega a actividade dos Grupos Parlamentarios e as propostas que presentamos nas Comisións e nas sesións Plenarias.



Sssssss Fffffffffff escribiu:
Me gustaria saber donde estan los manifestanres de NUNCA MAIS cuando el año pasado se quemó Galicia y no se pronunciaron para nada, es que ahora como manda el Señor Touriño no importa que arda Galicia, yo como un buen gallego emigrate que soy me da pena que galicia este como esta yo casi me paso tanto tiempo en mi tierra como en donde tengo mi residencia, yo soy de la comarca de la ulloa y sufro mucho cuando llego la encuentro casi como en los años sesenta…..
MON CERVO escribiu:
Oia Sr. Lage. Tenme vostede moi cabreado, pero moito moito, por que a pesares de considerarnos mutuamente amigos esta vostede pasando de min olimpicamente.
¿ Que pasa ?
Veña o que vostede é un home do pobo de andar pola ruas, polos bares , falar cos amig@s, etc. Non é un elitista, nin un presumido coma alguns que todos sabemos.
Faiga o favor de dar sinais de vida.
E cambiando de tema.
Cando se enteraran alguns que no noso pais haí liberdade para moitas cousas entre elas chamarse como a un lle veña en gana sin ter que galeguizar por collons, como pretenden alguns, os nomes e apelidos que herdei de meus pais é abos.
Ou a caso o conselleiro de medio rural agora chamase SUAREZ CANLE ou o sr AIMERICH buscou o equivalente galego. Resposta NON.
Neste noso país cohabitan dous idiomas de maneira oficial o galego e o castelan . Polo tanto temos que respectar a intención de cada un de falar o idioma que queira ou chamarse como lle veña en gana sin deixar de ser mais ou menos galego que outr@ calquera.
Temos que mudar modos de pensar coma este senon imos por mal camiño.
Si os galegos noutros tempos fumos asoballados ,represaliados e privados da nosa lingua e da nosa identidade, que non do noso sentimento e do noso orgullo. Non debemos caer nese mesmo erro, e querer impoñer algunhas cousas. Debemos de informar e despois
que cada galeg@ elixa o que mais lle convén por que toda a terra é país.
UN SAUDO SR LAGE
Por certo por que non abre vostede un novo tema O VOTO EMIGRANTE eso si despois do 27 para non mezclar ideas e intereses.
lage escribiu:
Ok. Mon Canoura, home pero sí non da a correa para máis … quedei de pasar pola Mariña pero estou centrado no Barbanza-Muros-Noia e O Sar e non teño un minuto … a ver si a partires do 27-M retomamos o contacto. Aquí estamos a ras de chan e a pé de obra …
Prometo abrir o debate sobre o voto emigrante a partires do día das eleccións.
unha aperta