Alberto Núñez Feijóo e máis eu non coincidimos en bastante cousas. Onte descubrín que tamén discrepamos sobre cal é o país máis fermoso do mundo.
Para min Galicia é o país máis fermoso do mundo, para Núñez Feijóo é Italia, ou polo menos esto é o que afirmaba o Presidente do PP en Galicia nunha entrevista no diario El País.
A verdade é que me deixou un pouco descolocado a lectura da entrevista que lle facía Xabier R. Blanco.
Núñez Feijóo entre outras cousas afirma na citada entrevista que “creo que el matrimonio es una institución poco democrática”. ¿ ?
E tamén di que non é homosexual aínda que afirma que “sé que hay gente que dice que soy homosexual”. ¿ ?
Xa vos digo, é unha entrevista diferente ás habituais e seguramente por iso me causou certa sorpresa pola temática abordada.
Así descubrín os gustos de Alberto Núñez en canto ó país máis fermoso do mundo … entre outras cousas …. (por certo a min tamén me gusta Italia, pero non como para situar a este país no primeiro do ranking)


