Vén de aprobarse o novo Fondo Europeo da Pesca, e teño que manfestar a satisfación que me produce, xa que o sector pesqueiro galego terá novas oportunidades no período 2007-2013, para modernizar e renovar a flota.
Este acordo permitirá unha importante renovación e mdernización da flota artesanal ademais de preveer medidas de apoio á incoporación ó sector pesqueiro de mozos e mozas ata os 40 anos.
Apóstase pola diversificacion económica no sector pesqueiro, fomentando novas actividades, complementarias ás tradicionais, o cal será unha nova oportunidade para Galicia, na búsqueda de facer máis rendible a actividade pesqueira.
Destacaría tamén a clara aposta polo uso sostible da pesca, impulsando o equilibrio entre medio ambiente, recurso mariño e actividade ecoonómica, o cal coincide plenamente coas politicas que vén defendendo o goberno de Galicia, mirando polo presente e polo futuro do sector.
Estamos diante dunha nova oportunidade, aproveitémola


