O Mexillón de Galicia, producto de calidade

Mantivemos onte pola tarde un debate no parlamento de Galicia sobre o mexillón galego. O PP nas pasadas semanas formulou denuncia pública sobre a aparición de alertas por toxina nunha partida de mexilón exportado á Italia.

Antes de comer poidemos degustar mexilón no salón dos Reis, nunha iniciativa que tivo o Consello Regulador do Mexillón de Galicia e que tiña por obxecto combatir o dano feito á imaxe do mexilón polas irresponsables denuncias do PP.

Os socialistas reprobamos a actitude do PP, que con esta denuncia contribuiu a xenerar alarma social entre os consumidores e fíxolle un dano tremendo ó sector mexiloeiro galego.

A conselleira de Pesca informou dos controles que fan de xeito exahustivo as autoridades da Xunta de Galicia en colaboración coas institucións sanitarias españolas e europeas. Tódolos controles realizados deron un resultado negativo.

Quero destacar dúas cousas fundamentais para min. Por unha banda a calidade do noso producto, do mexilón galego. En segundo lugar e en igual orde de importancia, a necesidade de garantir a seguridade alimentaria dos consumidores, para o cal contamos cun gran rede de mostraxe e análise que permitiunos recibir a felicitación das autoridades da Unión Europea polo bo traballo no control dos productos do mar.

Pediríalle á direccion do Grupo Popular que non lle siga facendo dano ó sector mexiloeiro do noso país e deixe de sembrar dúbidas sobre un producto que en calidade non atopa competir no mundo. Todos cometemos erros, e sen dúbida o PP con este tema cometeu un erro.



Un comentario para “O Mexillón de Galicia, producto de calidade”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>