Chega xa o final das vacacións. O xoves reuníase o Consello da Xunta e o venres o Consello de Ministros, sinal da finalización do tempo de descanso e da chamada de novo ó traballo.
Este ano desconectei uns cuantos días e estiven fóra de Galicia, aproveitando para descansar a cabeza e o corpo. Gardo un bonito recordo do paso por Santillana del Mar; cando teña un oco gustaríame volver a visitar este pequeno paraíso cántabro. A estancia en Cambrils (Catalunya) permiteume descansar e reflexionar, e tamén desfrutar da vida ó carón do mar ou tomando algo nun chiringuito de praia.
Agora toca traballo. Temos moito camiño por percorrer no vindeiro período de sesións no Parlamento de Galicia e ademais gustaríame intensificar a presencia no territorio, na miña comarca, facilitando o acercamento dos cidadáns ós seus representantes públicos. Para iso tentarei poñer en marcha unha iniciativa da que xa vos darei conta a través deste espacio web.
Que pasedes un bo domingo, Saúde.


