O Día das Letras Galegas

Lugris  

 Primeiro quero decirvos que considero un erro que este día siga a ser non laborable e non lectivo no noso calendario. Debería ser un día lectivo, onde se fomentase a lectura, onde os centros educativos, e culturais foran aulas vivas de promoción e divulgación do noso idioma e das obras literarias dos nosos autores.  

Non podemos seguir consentido que o galego se trate como unha reliquia, algo a ter gardado no caixón e que o sacamos de paseo unha vez ó ano como se fose o patrón ou patrona da parroquia que se saca en procesión en tal ou cual data. Non.

Recentemente o Consello da Cultura proporcionaba uns datos que reflexaban que o uso real da nosa lingua estaba por debaixo do 50% entre os galegos de 5 a 34 anos. Preocupante, sí. Temos tarefa que facer, sen dúbida.

Agora ben, o Plan de Normalización non vai ser a panacea, eu que participei na súa elaboración, consideroo un instrumento, pero tamén entendo que o ámbeto familiar e social é fundamental para complementar o traballo da administracción en ámbetos como os educativos, os institucionais ou os xudiciais.

Onte mesmo, o Presidente Touriño dixo alto e claro que o seu goberno vai impulsar ó máximo o citado plan, sendo conscientes de que aínda estamos lonxe de acadar a plena normalización. 

Precísase paciencia e a implementación do Plan Xeral de Normalización Lingüística, tarefa na que está traballando o goberno galego a pesares dos “esforzos” dalgúns persoeiros por dicir xusto o contrario, tentando descalificar a actuación da Xunta.

O resultado terá que verse no medio prazo.



3 comentarios para “O Día das Letras Galegas”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>