Onte refrescábanos a memoria o ilustre profesor Barreiro Rivas, dende a súa Torre no xornal La Voz de Galicia, co pacto lingüístico de 1983.
O Partido Popular coa ruptura do consenso sobre a lingua, abre un frente máis de confrontación política, nun terreo no que ata o de agora había un acordo moi importante.
No ano 2004 aprobamos no Parlamento de Galicia por unanimidade (co acordo dos tres grupos, PP, PSdeG-PSOE e BNG) o Plan Xeral de Normalización Lingüística.
Agora no 2007 e co PP na oposición, a dereita tenta abrir un novo frente e rompendo incluso co acordo do ano 1983, como ben recorda Xosé Luis Barreiro no seu artigo.
Teño manifestado en varias ocasións a miña posición sobre a defensa da lingua como sinal de identidade e como canle-ferramenta de comunicación social. Penso que será unha mala noticia para o País que un grupo político (PP) que representa a tantos galegos e galegas abandone a súa posición tradicional para alinearse con Jiménez Losantos e cía.
Agardo que Feijóo e o PP rectifiquen e poidamos volver o consenso.


YAYA escribiu:
UNA VERGÜENZA LO QUE TU PARTIDO LE HA HECHO A ENRIQUE LEÓN EN VILAGARCÍA.
MODESTO POSE DIMISIÓN
Boedense escribiu:
Desenganémonos. Ó PP impórtalle un carallo o idioma galego. Simplemente cómpre analizar a política lingüística do fraguismo para dármonos de conta.
Lamentablemente, no teu partido tampouco andan mellor as cousas: repárese no incumprimento da Lei de Normalización Lingüística polo ex-alcalde herculino Paco Vázquez. Agardo que o sector máis concienciado coa defensa da lingua galega vaiades adquirindo maior peso na Executiva do PSdeG-PSOE.
Un saúdo.