Hoxe celebrouse no Congreso dos Deputados o debate de toma en consideración da proposta de proxecto de lei orgánica que reformaría o Estatut de Catalunya.
O Partido Socialista e o goberno de España, a través do Presidente Rodríguez Zapatero manifestaron a súa vontade de tramitar a proposta do Parlamento de Catalunya para reformar o Estatut catalán.
Desde o meu punto de vista o estado non vai a renunciar á redistribución da riqueza, pero vai a contribuir a unha mellora da financiación autonómica, unha das demandas que se esconden detras do proxecto de Estatut. É preciso volcar os esforzos de tódolos federalistas en fortalecer as partes, as autonomías, para favorecer ó conxunto, o todo, o Estado.
Os Socialistas manifestamos a nosa confianza no Estado nas autonomías, un estado cuasifederal e un estado plurinacional, pluricultural e plurilingüístico onde diferentes entidades nacionais e rexións conforman o Estado denominado España.
Penso que non debemos ter medo ás reformas, nin ó debate, temos que rematar coa instrasixencia da España doutros tempos, pero temos que saber respectar as posicións daqueles que defenden posicións máis centralistas ou xacobinas así coma a daqueles que propugnan a independencia dos seus territorios. Respectar non é compartir. Eu creo que hai que ir á cooperación, á multilateralidade, en definitiva, máis Catalunya ou máis Galicia teñen que significar máis España e máis Europa, é dicir, máis solidariedade, máis cooperación, máis integración.
España debe de ocuparse da reforma dos estatutos dende o debate racional e dende a normalidade, respectando a legalidade vixente pero facendo viable que todos nos sintamos a gusto, nos sintamos cómodos, e sobor de todo, que as reformas contribuían a mellorar as prestacións e servizos que teñen os cidadáns. Se non fose así, sería un erro abrir este melón só para que discutan os políticos e as élites do país.
Ábrese unha porta á esperanza, agardemos que se aplique o sentido común.

