Segunda parte da intervención
Fai máis dun mes que o Consello da Xuventude de Galicia nos informaba ós deputados e deputadas da apertura dunha canle para transmitirlle ás entidades xuvenís e á mocidade en xeral, as iniciativas políticas que debatimos no parlamento e que lle poden afectar ós mozos e ás mozas de Galicia.
Pareceume unha boa idea e fixenlles chegar un documento audiovisual cunha iniciativa sobre a dignificación desta institución, representativa da mocidade galega.
Entendo que esta idea do CXG, ademais permite mellorar as canles de comunicación e participación, facilitando o acercamento da actividade política ós cidadáns, neste caso, ós máis xóvenes.


W.Sobchak escribiu:
e para que serve o CXG?
(na realidade, digo)
lage escribiu:
Pois, o CXG cumple algunhas das funcións que ten encomendadas pola lei 2/87, pola que se creou o citado organismo, a pesares da falta de compromiso político dos anteriores gobernos do PP, que lle negaron ó organismo unha financiación axeitada.
Ademais serve como catalizador de numerosas actividades de participación e asociacionismo.
Promove a participación dentro do seo da UE e con terceiros paises, e ten ampla experiencia no campo da saúde, a sexualidade, as drogodependencias e a mocidade.
Creo que sería bo que visitaras a súa web e poideras informarte de todo o que fan.