o Consello de Contas nomea auditores a tres ex-altos cargos do PP

Impresentable foi a comparecencia do Conselleiro Maior do Consello de Contas hoxe no Parlamento de Galicia para explicar a forma de cubrir unha serie de postos vacantes neste órgano fiscalizador da Administracción autonómica.

 Asistín como deputado do Grupo Socialista á Comisión non lexislativa do Consello de Contas, e sentín indignación cando estaba escoitando ó sr. Luciano Fariña. Sen inmutarse dou conta da proposta de nomeamento polo procedemento de libre designación de tres ex-altos cargos do anterior goberno do Partido Popular: Juan Caamaño, ex-Director Xeral do INEGA, Benito Díaz Arce, Ex-xefe do Gabinete de Fraga Iribarne, e Valeriano Martínez, ex-Director xeral de Transportes e ex-director xeral de Recursos Humanos do Sergas.

Elexidos para facer labores de auditoría, deste xeito teremos a uns señores que van a auditarse a si mesmos.

Xaquín Fernández Leiceaga, voceiro do PSdeG foi claro e rotundo: “é como poñer ó raposo a coidar do galiñeiro”. Pódese decir máis alto pero non máis claro.

Só se me ocorre :”Que cara”.



5 comentarios para “o Consello de Contas nomea auditores a tres ex-altos cargos do PP”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>