
Quero falarvos hoxe do blog de Paula. Unha nena de 8 anos que abreu fai poucos días un espacio na rede, onde comunicarse co mundo, contándonos aquelas cousas que lle pasan no discurrir dun día, sexa no colexio, na casa ou cando sae a patinar coas súas amigas.
É a primeira persoa que eu coñeza, que tendo oito anos ten aberto un blog. Paréceme unha mostra máis da revolución que supoñen as novas tecnoloxías na nosa vida diaria.
A min estas cousas fanme reflexionar sobre o paso do tempo e o cambio nas costumes. Cando eu ía ó colexio, pensábamos en ter un scalextric, unha pizarra, un balón de baloncesto ou un supercinexin Disney, agora as inquietudes dos nenos e nenas están noutras cousas.
Quero aproveitar dende aquí, para animar a Paula a que siga escribindo no seu blog. Seguro que aprenderemos moito dela e das súas vivencias.
Ánimo Paula, e benvida á rede.


Paula García escribiu:
Moitas grazas Lage por facer un post sobre o meu blog.
Grazas a ti hoxe publicáronme na Voz.
Un bico
lage escribiu:
Ola Paula. Xa che dixen o día de reis que cando crearas o teu blog, falaría del no meu blog. De todos xeitos, os de La Voz, teñen moitas maneiras de enterarse do teu blog, así que poñamos que eu só fixen un apunte.
Que saibas que me gusta moito como escribes. Espero que sigas contándonos cousas que fas e non deixes de escribir no teu blog.
bicos