O alcalde de Barro, incalificable

 

 alcalde de Barro na comisión dos incendios

Veño de asistir á comisión de estudio e investigación sobre os incendios en Galicia que se creou no parlamento despois da vaga de lumes que asolou o noso país no pasado mes de Agosto.

Hoxe comparecía o alcalde de Barro (PP). Fóra invitado pola Mesa da Comisión para que expusera as súas aportacións, suxerencias, críticas, valoracións sobre os incendios, o vivido e o que hai que afrontar de cara o futuro.

Sinxelamente, veu a conseguir unha foto. Conseguina. Ocupou a cadeira reservada os comparecentes e fixoo cun cartel “Lumes nunca máis”. O presidente da Comisión, o Iago Tabarés(BNG), en cumprimento do regulamento, pideulle en reiteradas ocasións que retirara o cartel e fixo caso omiso, alegando que non era un cartel o que el tiña alí, senón que era un pin. Surrealista.

En ningún caso manifestou interese en comparecer, eso sí tivo tempo para insultarnos ós alí presentes decindonos que pedía un minuto de silencio en recordo dos mortos que “ustedes han causado” en alusión os deputados e deputadas dos grupos (PSdeG-PSOE e BNG) que sustentamos ó goberno. Calificase por sí so con esas afirmacións!

Ó facer caso omiso das reiteradas peticións do Presidente da Comisión, este advertiulle que de non retirar o citado cartel veríase na obriga de ter que abandoar o seu asento por incumprimento das normas de protocolo da cámara lexislativa. O alcalde de Barro parecía que saía satisfeito de ter montado “un numerito”. A min doume bastante pena que algúns entendan a política desta maneira. Que pensa a dirección do PP de isto?

Tamén estivo na comisión o alcalde de Santiago, o compañeiro Pepe Bugallo, así como o alcalde de Oia (PP), moi crítico co goberno galego, e un representante da asociación Monteindustria. Estas comparecencias discurriron coa normalidade e corrección que caracteriza ó noso parlamento.

Quédame unha dúbida, cantos Partidos Populares hai en Galicia? Digo esto xa que, por sorte, non todos os responsables do PP que teñen pasado pola Comisión se comportan igual que o citado alcalde de Barro.

 Responde a súa comparecencia a unha estratexia partidaria ou é unha actuación incalificable por parte do citado señor?



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>