o 1-M falou Galicia

 

Os cidadáns decidiron mandarnos  ós socialistas á oposición e darlle ó Partido Popular a maioría absoluta do parlamento o 1 de Marzo de 2009. É a democracia, unha persoa un voto.

Primeiro quero darvos as gracias a todas e todos os que confiachedes co voso voto nas nosas propostas e no noso proxecto político, e ós que non o fixéchedes e optáchedes por outras opcións decirvos que espero que poidamos ofrecervos novas propostas para poder contar co voso apoio algún día.

Os socialistas imos a ter que traballar máis e mellor para correxir os erros que cometemos nestos anos e revitalizar o socialismo galego con maior proximidade ós electores e facendo da militancia a principal referencia do PSdeG. Un partido sociailsta con estructuras fortes e presente no territorio e nas redes sociais estará en condicións de conformar un proxecto político para a maioría social de Galicia, sen complexos de ningún tipo, e afirmando os principios e valores clásicos do socialismo democrático.



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>