A política en Galicia asómase ó xenero da comedia como poidemos comprobar no día de hoxe. O aspirante a suceder a Don Manuel no PPdeG, o Sr.Nuñez Feijóo foi de turné propagandística á comarca do Barbanza e dispuxo inaugurar actuacións da consellería que dirixe, entre as que se atopaba o remozamento da cuberta da lonxa de Ribeira, explicando o Sr. Vicepresidente do goberno galego, que se repararon os canalóns e se cambiou o teito.
Ademais o conselleiro foi a prometer o mesmo que xa prometera Cuiña Crespo, acordanse del non sí?, cando no ano 2000 xa avanzará que ían comezar as obras da Dársena Exterior de Ribeira.
Só un pequeno apunte, pasaron case cinco anos, unha lexislatura e non se ten feito absolutamente nada. Quitando esta pequeno apunte, que como tódolos cidadáns poden entender é unha cuestión menor!!!!! pois seguimos coa mesma desfachatez do anterior responsable, e aínda non sabemos nin cando nin como nin de qué xeito, xa que as dificultades que existen agora xa existían fai máis de catro anos, é dicir, a lóxica preocupación das xentes do mar para que unha actuación deste calado se faga ben, e protexendo os nosos recursos e o noso entorno medioambiental.
Esta turné propagandística, anunciando o mesmo que fai catro anos o único que amosa é que nesta lexislatura o goberno de Fraga non dou resposta ás demandas pendentes na comarca.
Aproveitando que estaba polo Barbanza podía ter explicado cantas vivendas sociais ten pensado construír a Xunta de Galicia no ano 2005 xa que nos últimos dez anos a Xunta de Galicia construíu 56 para unha poboación de máis de 120.000 habitantes.
Comeza o ritual de promesas e propaganda, pero tamén estaremos aquí para recordarlles ós gobernantes galegos o que prometeron e non fixeron durante os últimos catro anos e tamén os déficits dos 15 anos de goberno Fraga en Galicia. Así, que si queredes colaborar tendes aquí unha fiestra aberta para facernos chegar as vosas reivindicacións.

