Normalidade nos bancos marisqueiros de Arousa

 

 mar de Arousa

Sigo diariamente a situación do río Umia e a evolución dos traballos que está a realizar a Xunta de Galicia. Están traballando en tempo record para evitar as restriccións no abastecemento de auga e dispoñendo tódolos medios posibles para evitar un impacto ambiental superior o xa producido inicialmente.

A Conselleira de Pesca tenme informado da situación dos bancos marisqueiros de Arousa. Ata o momento os resultados das análisis que está a realizar a Xunta de Galicia indican que non existe contaminación na Ría de Arousa nin anomalía algunha nas especies, polo de agora.

Estan a facer un seguimento e control continuado do verquido provocado no río Umia o pasado venres, cunha participación activa do Intecmar e o CIMA.

Os dous grupos de traballo destos centros enviados pola Consellería de Pesca están facendo control da calidade das augas así coma un análisis diario das especies existentes nos bancos marisqueiros sen que ata o momento detectaran ningún tipo de incidencia producida polo verquido sobre os recursos mariños.

Agardo que a normalidade siga a ser a tónica habitual nos bancos marisqueiros de Arousa

 

 



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>