Quero aproveitar o día de hoxe, para darlle públicamente a noraboa a Paula García. Estos días Paula está sendo entrevistada polos medios de comunicación, ó ser a blogueira máis nova que temos na rede.
Penso que é un orgullo (para os pais por suposto) para todos os que coñecemos e queremos a Paula ver a súa presencia en internet, en Televisión ou nunha reportaxe nun xornal con motivo da creación do seu blog no que nos vai contando o que fai no día a día.
Penso que Paula é un exemplo destacado do que é a nova forma de comunicarnos no século XXI. Xa dende cativos comezase a facer da Rede un instrumento de uso cotiá e que permitirá cousas impensables fai anos, como que un neno de Cambados que ten oito anos poida relacionarse con outro da súa idade, que vive en Noia… o que dará pè a unha nova forma tamén de relacionarse en pais, nais e familias …. o tempo dará ou quitará razóns …polo de agora xa temos unha pionera á que temos que animar na súa tarefa …
Adiante, Paula. Noraboa



pau escribiu:
pois si, eu creo q as Paulas temos algo especial para as novas tecnoloxias.. jajaj..
Algo que non deberia descoidarse e o control do acceso dos nenos da Rede por parte dos pais… Recordade que todo en pequenas dosis e bo…
Bikos, saludos e apertas!!
PauLa.