Hoxe fíxose pública unha excelente noticia para Noia e a súa comarca, a nosa vila disporá a partires deste curso dunha sección da Escola Oficial de Idiomas.
O Diario Oficial de Galicia daba conta o pasado martes día 21 da inclusión de Noia como unha sección dentro da Escola de Santiago. Este ano de entrada teremos a oportunidade de apuntarnos ás clases de inglés, para o ano xa será posible tamén cursos estudios de francés.
Imos na boa dirección, máis servizos, máis compromiso da Xunta, xestión municipal e traballo para facer viable un concello con máis calidade de vida e servizos públicos.


