Onte visitaba as obras do punto limpo de Noia xunto ó alcalde e ó delegado provincial de Medio Ambiente. Cando vexo este tipo de actuacións doume conta con máis claridade aínda dos catro anos perdidos (2003-2007) en Noia durante o mandato do PP.
Esta actuación ó igual que outras moitas deberían ter sido xestionadas e executadas na pasada lexislatura, agora tócalle a Rafa García e ó seu equipo endereitar a situación.
O día foi proveitoso xa que visitamos a EDAR e poidemos ver o seu funcionamento, agora está en fase de probas e a finais de ano a Xunta e o concello terán que ver a fórmula de xestión para a Depuradora de Noia.
Falando de Medio Ambiente e aproveitando a visita do compañeiro Manolo Tajes, non podíamos esquecer o reto da limpeza e rexeneración da nosa ría. O goberno de Noia ten como prioridade esta actuación e así quedou de manifesto nesta xuntanza.


