
No pasado mes de decembro mantivemos unha, xuntanza co Conselleiro de Traballo para rematar as xestións que comezaran uns meses antes, conseguindo que Noia teña unha Oficina Comarcal de Emprego.
Síntome útil, creo na política cando somos capaces de darlle servizos ós cidadáns, e máis neste caso, no pobo no que vivo, na comarca onde nacín.
En Noia, coma noutras vilas, ás veces escoitanse “lamentos” polo que non se fixo, polo que se perdeu, polo que foi a vila noutros tempos, e a falta dun servizo público de emprego está sempre dentro desa retahíla de “lamentos”.
Decía que me sinto útil porque ó final fas posible algo que xa se daba por perdido definitivamente, dende fai anos. Na política coma na vida, hai que loitar polas cousas que un considera xustas.
Tamén me pregunto cal é o motivo polo que agora sí conseguimos que Noia teña unha oficina de emprego e durante vinte anos non foi posible? Ahh, e nos non fixemos ningún milagro, só traballar por un servizo que consideramos necesario e xusto.
Un servizo comarcal de emprego que dara cobertura a sesenta mil habitantes que residen nos concellos de Noia, Lousame, Outes, Porto do Son, Muros e Mazaricos.
Será a partir do segundo semestre do 2007, cando a oficina comarcal de emprego poderá poñerse en funcionamento. Ese foi o compromiso que adquiriu o conselleiro de Traballo, Ricardo Varela Sánchez na citada reunión na que estiven acompañado do voceiro do PSdeG-PSOE de Noia, Rafael Garcia Guerrero, futuro alcalde despois do 27-M.
No orzamento da Xunta para o 2007 xa se reservou unha partida para a posta en marcha do servizo. O que está por determinar é a ubicación das instalacións.
Ricardo Varela atendeu a nosa demanda, dende o primeiro día que lle falei da necesidade de dotar á comarca de Noia deste servizo. Sempre estivo aberto á proposta.O Conselleiro de Traballo expresou o seu convencimento de que a demanda formulada era xusta e entendeu que coa implantación do novo servizo se ía dar resposta a unha necesidade, que levaba moitos anos sen atender.
Penso que a consecución da Oficina de Emprego para Noia da satisfacción á vella reclamación dos noieses e noiesas e outorgan un novo servizo, rachando con moitos anos de esquecemento e mala xestión por parte dos gobernos do PP na Xunta de Galicia.

