No Parlamento, novos horarios a medida do PP?

Onte tivemos unha nova sesión do pleno do Parlamento. Hora de comezo: as 10 horas. Hora de finalización: 19:00 .

A sesión foi interrumpida para comer ás 15:15, reanudándose o pleno ás 16:30. Habitualmente hai cando menos hora e media de interrupción para que @s deputad@s vaian a comer e ademáis poidan preparar asuntos que se tratarán ao retomarse a sesión plenaria. Onte non foi así, só tivemos unha hora e 15 minutos.

Habitualmente os plenos do parlamento duran todo o día. Comezan ás 10 horas e rematan entre as oito e as nove da noite. Onte non foi así.  Por qué?

Que se saiba non houbo ningún acordo da Xunta de Portavoces nin da Mesa do Parlamento para acortar o horario das sesións plenarias.

O que sí se sabe é que onte  ás oito da tarde  celebrouse en Pontevedra a presentación de Telmo Martín como candidato do Partido Popular á alcaldía desa cidade.

Póñense os horarios dunha institución ao servizo dun partido político?

Pódese relegar a actividade do Parlamento,  a principal institución de Galicia,  e supeditala aos intereses do Partido Popular?

Cómpre unha explicación, non sí?



Un comentario para “No Parlamento, novos horarios a medida do PP?”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>