Nigrán, rebelión cidadá pola falta de información urbanística

Nigr&aacutea;n

Co que está sucedendo en Nigrán, temos un botón de mostra do que pode estar pasando noutros concellos nos que se acostuma a actuar con ocultación, opacidade, e onde o uso de información privilexiada sigue a ser o modus operandi.

Máis dun milleiro de veciños sairon á rúa rebelándose contra a proposta de PXOM. Uns poucos tiveron comportamentos violentos e estes son reprobables, sen dúbida. Pero non apartemos a vista da cuestión central: se os veciños non se ergueran contra o alcalde do Partido Popular, Alfredo Rodríguez teríase parada a tramitación do citado Plan Xeral?

Coñeceríamos os movimentos especulativos que permiten a determinados empresarios enriquecerse tan só coa compra de terreos que un tempo despois obteñen un cambio na clasificación e edificabilidade na citada proposta de PXOM?

Ollo, os plans xerais deben ser participativos, deben ser un elemento aglutinador dos colectivos cidadáns e das organizacións sociais, deben servir para planificar o desenvolvemento dun concello a medio prazo, e se pola contra se fan de costas ós cidadáns e con nula transparencia, as consecuencias están no exemplo de Nigrán.

Nigrán acaba de sentar un precedente. Os cidadáns non son parvos.



2 comentarios para “Nigrán, rebelión cidadá pola falta de información urbanística”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>