Hoxe, a miña afillada Nerea cumple catro anos. Felicidades.
Nerea e máis Paula son as dúas fillas de Eva e Blas, dous amigos meus de Boiro, ós que me une unha longa amizade, que acabou convertíndose nunha relación familiar dende que eu son o padriño de Nerea.
Sentinme moi honrado cando me propuseron ser o padriño da súa filla.
Fai catro anos en Galicia estábamos vivindo a catástrofe do Prestige, e Nerea veu ó mundo un día antes da gran manifestación cidadá que se celebrou en Compostela baixo o grito de Nunca Máis.
Boto en falta non ter tempo dabondo para compartir coas cativas máis momentos de ocio e lecer.
Agardo que nos vindeiros días poidamos facer unha pequena festa de celebración destos catro anos de ilusión e alegría, que é o que significa Nerea para min: unha inmensa felicidade cada vez que estou con ela.



paula nerea escribiu:
somos paula e nerea e nerea está desexando darche
a sua tarxeta de cunpreanos.
nerea escribiu:
bente a boiro se podes o sabado
lage escribiu:
ola nerea, irei esta semana a Boiro.
Besos
rosa escribiu:
pues res un poco fea y k le bamos aa cer cada uno es como es jajajajajajajajajajajaja