O sábado, o Secretario de organización do PSOE, José Blanco, interveu en Pamplona no Comité Rexional do PSN-PSOE para explicar a decisión tomada pola Executiva Federal do PSOE sobre a formación de Goberno en Navarra.
De paseo pola rede, atopo un extracto da súa intervención na páxina do PSOE no que Blanco comparaba a situación de Navarra coa de Galicia:
” C) Sobre el funcionamiento de otras coaliciones autonómicas de Gobierno, en circunstancias que no se daban en Navarra:
“Tenemos ya una amplia experiencia de coaliciones de gobierno con partidos nacionalistas en varias Comunidades Autónomas. (…) Pero en todos esos casos, el Partido Socialista mantiene una clara hegemonía política dentro de la coalición. Define la orientación básica del gobierno, domina y controla su rumbo.(…) Esquerra Republicana es un partido que responde a una dirección.
El BNG, aunque con un origen también muy diverso, es actualmente un partido que responde a una dirección. Pero, ¿a qué dirección responde Nafarroa Bai?, ¿quién toma realmente las decisiones en su seno y dónde se toman esas decisiones? Demasiadas incógnitas por el momento, compañeras y compañeros.
En Galicia no ha bastado con arrebatar la mayoría absoluta a la derecha; ha sido necesario que el Partido Socialista se convierta en la fuerza claramente mayoritaria dentro de la izquierda para hacer viable una coalición de gobierno con los nacionalistas del Bloque. Si se hubiera planteado una coalición en los momentos en que el BNG estaba en pleno crecimiento y el PSdeG era la tercera fuerza política, el criterio de la dirección federal del partido hubiera sido probablemente el mismo que ahora en Navarra.”
Moita política-ficción se ten feito en Galicia sobre un hipotético caso no que a correlación de forzas de BNG e PSdeG fosen inversas ás que coñecemos na actualidade. Atrás quedan os tempos gloriosos de Xosé Manuel Beiras no BNG e a baixada ós infernos do PSdeG no funesto ano de 1997. De seguro que estas verbas de Pepe Blanco en Navarra farán as delicias daqueles que gustan da política-ficción.
Polo de agora, a realidade supera á ficción: O cambio en Galicia foi posible cando os cidadáns atoparon no PSdeG-PSOE unha alternativa política ó Partido Popular co obxectivo de modernizar o País e mellorar a calidade democrática da nosa vida pública. Esta alternativa pasaba necesariamente por nuclear un goberno de progreso sumando ós nacionalistas do BNG.
Sen caer excesivamente na política-ficción, do que sí estou seguro é de dúas cousas: Primeiro, en Galicia sería imposible defender que as decisións sobre o goberno de Galicia se tomaran dende Madrid e segundo, o cambio foi posible pola recuperación do PSdeG como segunda forza e alternativa ó PP, xa que unha parte moi ampla do electorado non ve ó BNG como unnha forza de goberno senón máis ben de oposición.
Actualizado ás 12:13 do 04/09/2007:
Os de Vieiros pregúntanse se aceptaría o PSdeG unha solución á Navarra en Galicia.



di Lampe escribiu:
“…en Galicia sería imposible defender que as decisións sobre o goberno de Galicia se tomaran dende Madrid”
O sorprendente é que aínda sexa posible noutras partes. Se eso é o que realmente sucedeu, fraco favor se fixo.
lage escribiu:
A realidade é dura pero é a que é. En Navarra a dirección federal decidiu, é evidente. En Navarra o PSN foi terceira forza política.
Insisto, penso que en Galicia sería imposible defender que as decisións sobre o goberno de Galicia se tomaran dende Madrid.
di Lampe escribiu:
“A realidade é dura pero é a que é.”
Non estou de acordo con ese nivel de resignación. A realidade en política é a que se constrúe humanamente, non a que se impón por deidades distantes. Se nos aproximamos máis ao segundo que ao primeiro deixamos de facer política para facer relixión.
Non quixera desvariar, pero o que apuntaba no meu primeiro comentario é que se cadra se actuou mal en Navarra. Non sei. Se cadra. E se é así, non vale aceptar resignados os acontecementos. Hai lugar cando menos para unha crítica.
lage escribiu:
Moitos temos inicialmente a sensación de erro ó considerar que non é xusto que a dereita siga a gobernar en Navarra cando non obtivo a maioría absoluta pero tamén é certo que o PSN foi terceira forza, sendo moi dificil artellar un goberno dende a terceira formación dun parlamento autónomo e máis tendo en conta que Nafarroa Bai non é algo homoxéneo senón unha coalición electoral (Aralar, PNV,EA, Batzarre, etc)co cal tampouco sería fácil facer un goberno mínimamente cohesionado. Vai por diante que tanto Uxue Barkos como Patxi Zabaleta me merecen respecto e admiración pola frescura e as intervencións da primeira no Congreso dos Deputados e pola valentía do segundo ó romper co mundo de ETA e condenar o terrorismo.
A maiores do dito penso que dende o que o PSN obtivo un mal resultado electoral e iso tampouco formou parte do primeiro análise que fixeron.
Eu escribiu:
Olá, Lage. Se todos os do PSOE fosen como tu, ai… soñar é gratis xD.
Eu discrepo. Se de Madrid viñesen ordes expresas para o PSdeG de votar polo PP, que iades facer? Desobedecelas? Non vos impuxeron candidatos teledirixidos? Unha cousa é que nen ousen facer iso co PSC porque rachan o partido (está ainda a se ver que vai pasar co PSN), mais convosco… xa o teñen feito algunha vez, ademais. Se eu non lembro mal, o actual presidente da Xunta xa dixo nalgunhas eleicións anteriores que el non apoiaria nunca a alguén do BNG para presidir a Xunta, e foi ben contundente nas suas afirmacións, contribuindo sen dúbida a darlle ar ao PP en vez de telos sacado catro ou oito anos antes. Claro que vendo o que facedes vós e o BNG a verdade, por ser fino non é nen a metade da cuarta parte do décimo que aguardaba, e non aguardaba moito…
O PSOE é un partido moi centralista, non sei a conto de qué iso de chamarlle federeal porque non o é, a proba, en Navarra. Lamento levarte a contra deste xeito, pero insisto: se vos mandan de Madrid facer o que lle mandaron ao PSN, non vexo como iades poder librarvos do asuntiño.
E o dano para o PSOE non vai ser só en Navarra, tamén en Euskadi. Claro que os que botan as contas no teu partido supoño que o dan por amortizado. Dempois veñen as surpresas…
Unha aperta