Nas Illas Cíes, en defensa da natureza

  Illas Cíes

Hoxe asistín nas Illas Cíes a un dos actos de conmemoración dos 25 anos do Parlamento de Galicia.

As Cíes son unha paraxe fermosa, inigualable. Foi unha boa maneira de poñer en valor o noso patrimonio natural. Nestas illas que forman parte do Parque Natural das Illas Atlánticas, aproveitouse o día para lanzar unha mensaxe de defensa global da natureza nun mundo consumista e no que o comportamento individual é a xénese de hábitos de vida pouco saudables e que en nada contribuen á conservación dos recursos ambientales.

A miña noraboa pola orixinalidade deste acto á Mesa do Parlamento de Galicia e á Presidenta, Lola Villarino, que con estas verbas: “…a defensa do medio ambiente e o desenvolvemento económico e social deben de ir da man, para que sexa posible o desenvolvemente sostible, xa que o planeta conta con recursos limitados” daba por concluido esta actividade de apertura do parlamento á sociedade e de compromiso co medio ambiente.

É preciso espertar unha conciencia global de protección dos nosos recursos naturais, e iso non só ten que formar parte das axendas políticas senón que tamén depende do grao individual que cada cidadán aporta á construcción dunha sociedade máis xusta e solidaria.



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>