O 27 de maio foi un día de ledicia, pola victoria de Fene, sí, e tamén pola recuperación da alcaldía de Noia, a cidade onde vivo dende fai sete anos. Para nós era un obxectivo electoral a recuperación da alcaldía. O compañeiro Rafael García Guerrero volve a ser alcalde co apoio do BNG
A tarde das eleccións, visitei a algúns compañeiros e compañeiras que estaban como interventores nos colexios electorais. Despois voltei á casa, estiven seguindo os resultados a través da páxina do Ministerio do Interior e a través do móbil que botaba fume.
Ás 22h 30 saín cara a oficina electoral do PSdeG en Noia, era unha auténtica festa!!! … de novo se abría unha nova etapa de ilusión e esperanza, da que os noieses e noiesas agardan resultados positivos. Veñenme á cabeza moitas imaxes desa noite, quédome con todas elas, todas expresaban ledicia e tamén responsabilidade.
Onte, sábado 16 de xuño, asístín á sesión de investidura de Rafa como alcalde de Noia. Volvín sentir a ledicia da noite electoral, tamén as imaxes, os recordos … volvín a pensar na necesidade que ten Noia de abrise ó mar, de recuperar o mellor da súa historia e construir entre todos un futuro próspero, onde Noia sexa unha referencia de benestar social e desenvolvemento económico. A este obxectivo nos adicaremos nos vindeiros anos.
Noraboa Rafa. Conta coa miña colaboración e axuda para facer de Noia esa cidade que todos soñamos.



Hans escribiu:
Digo eu que o día das eleccións, os compañeiros e compañeiras estarían como interventores e interventoras nos colexios electorais, non? Ou é que sólo se escribe dunha forma sintácticamente absurda ata que a un mesmo lle parece xa excesivo?
Anímote a seguir retorcéndolle o pescozo á sintáxe; é outra forma de colaborar a facer de Noia a cidade que todos e todas soñamos.
Pódese ser máis hortera? Seguro, non desesperemos.
Saúdos.
lage escribiu:
Bueno, todas as aportacións, tamén as críticas, son ben recibidas aínda que non coincidamos. O importante é que Noia ten un alcalde socialista e un goberno estable e de progreso que ten retos moi importantes como abrir Noia ó mar.
un saúdo
MON CERVO escribiu:
noraobaoa os compañeiros que conseguiron as alcaldias de todo galicia. pero unha noraboa moi especial a Rafa por conseguir transmitir esa ilusión.
lage escribiu:
Ola Mon, ti semrpe estas ó pe do cañón. Nas seguintes tamén será posible o cambio en Cervo, e remataremos con situacións de persecución coma a que ti sofres na administracción local, non teñas dúbida.
unha aperta
Dordo escribiu:
Para Noia,
Rafa, bo rapaz, esperemos que lle asentasen os miolos os catro anos na oposición e non repita os erros de xuventude.
Para Porto do Son,
O concello veciño dará probablemente que falar nos vindeiros catro anos, recollendo o testigo de Noia. A fragmentación do voto e o que xa se está a converter nun problema enquistado para este concello (o número un da lista do PSOE) non presaxian nada bó. Por se non abondase, os aparatos dos partidos, ó máis puro estilo do felizmente extinto PCUS, piden purgas para os concelláis “díscolos”, ou o que é sinónimo, os concelláis con un mínimo de ética e que recolleron a sensibilidade dos cidadáns na orientación do seu voto: baixo ningún concepto fagades de novo alcalde a Ramón Quintáns Vila. Mágoa que a esquerda - ou o que queda da mesma - non é quen de aprender dos seus erros. Se se confirman as medidas disciplinarias en Porto do Son, teremos dereita para uns anos. E isto cargarémollo no debe de quenes se empeñaron en facer alcalde a un suxeito que perdeu un 41% de votos nas últimas eleccións. Atención, porque dentro de dous anos voltaremos a atoparnos todos nas urnas.
Enrique Castro escribiu:
Lage:
Enhoraboa a Rafa. Sen dubida é unha boa noticia que Noia volta a ser Presidida por un alcalde socialista.
Unha aperta.
Avelino Tomé Arca escribiu:
Hola Rafa. Non sei si tí estárás de enhoraboa, pero Noia seguro que sí. Calquera que sea progresista ten que estalo tamén. Non che conozco, estudiei con teu pai no Instituto de Noia (tíñamos que cantar o Cara al Sol no cruzeiro do Tapal), e coñecín a teu abo (o Curtiña de Vilaverde, si no me equivoco). Escoita neno, haber si entre todolos progresistas podedes limpar esa imaxe de Galicia tan desastrosa que está deixando Rajoy. Como cambian as cousas, de vez en cando bromeo cos meus compañeiros dicíndolles que estoy orgulloso dun paisano moi famoso do Ferrol, Franco claro, din eles; pois vai a ser que non, Pablo Iglesias, dígolles eu. Que teñas sorte, vaixe a facer falta, e se tes tempo podes ollear una web que fixen aquí en Barcelona donde vivo,titulada “www.ideashow.es” Xa nos veremos algún día. Que lévelo bastón con orgullo e dignidad. Hasta logo rapaz.-