Municipais 2007 (Iván Puentes alcalde de Fene)

 Lage-Iván concierto homenaje a Los Secretos

Ás 21h 05 do pasado 27 de Maio recibín a chamada de Iván, foi a primeira alegría da noite, seguramente a máis intensa (xunto coa de Noia). Confirmábame que o PSdeG-PSOE ganaramos as eleccións en Fene, e iso significaba que Iván ía ser o alcalde!!!

Estaba seguindo os resultados das eleccións na TV e en Internet, a través da páxina do Ministerio do Interior, despois de ter estado visitando ós interventores e apoderados do PSdeG de Noia.

Fai un ano e medio, Iván e máis eu estábamos xunto a outr@s amig@s nun concerto de homenaxe a Los Secretos, en Culleredo (A Coruña), e recordo como ó final da noite eu tentaba convencelo para que dera o paso de presentar a súa candidatura para ser alcalde do seu pobo, Fene.

Iván é unha persoa de esquerdas, da factoría política de “Xuventudes”, é noble e traballador, e tamén teimudo …. e ó volver a ver esta fotografía, recordo como decía que non, como se pechaba en banda cada vez que lle decíamos que podía ser alcalde de Fene, que podía facelo ben, que estaba preparado … e él “erre que erre” que non e que non.

 Bueno, pois finalmente sí. Alégrome moito e espero poder seguir compartindo con él o desexo de cambiar o mundo. Noraboa Iván!



Un comentario para “Municipais 2007 (Iván Puentes alcalde de Fene)”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>