Hoxe douse a coñecer o acordo das forzas catalanistas e de esquerdas (Entesa) que permitirá a investidura de José Montilla como Presidente da Generalitat.
Montilla vivirá nos primeiros tempos como se estivese no Gran Hermano, será observado día e noite, miraran con lupa o discurrir do novo goberno… o socialismo catalán ten aquí unha nova oportunidade. Teño confianza na capacidade de José Montilla, na súa seriedade e rigor á hora de dirixir a acción dun goberno. Ten experiencia sobrada e sobre todo ten presente os erros do tripartito anterior, presidido por Maragall.
Os medios de comunicación de Madrid daranlle alcance a calquera discrepancia entre o PSC, ERC e IC-Verds. O PP tentará axitar o fantasma de “Carod-Rovira” e a federación de CiU está ferida e fará o posible para que a lexislatura non se agote.
O escenario non é o desexable. Pero sería desexable un goberno nacionalista ERC-CiU? Penso que só había duas posibilidades … a terceira, deixar a CiU gobernar en minoría sería tamén unha saída, sería un goberno débil tamén ( O PSC non podía pactar, sería un suicidio) pero penso que antes de que se poidese dar esa terceira posibilidade ERC pactaría e entraría no goberno.
Agora tocar esperar e ver o discorrer desta nova etapa, na que un cidadán nacido en Córdoba se convertirá no Molt Honorable President da Generalitat ….
E aproveitando a ocasión, pregúntome si sería posible hoxe que un señor con apellido Puyol ou LLibre fose presidente da Región de Madrid, constituida en Comunidade Autónoma?


