Menosprecio á cultura galega

Hoxe publícase na prensa galega unha carta asinada por once escritores galeg@s premiados co Nacional de Literatura na que se pide a dimisión do conselleiro de Cultura, Roberto Varela.

É un bo exemplo da falta de “conexión” do goberno que preside Núñez Feijóo cos creadores galeg@s, e sobre todo pon de manifesto a excasa consideración que teñen os responsables da Xunta de Galicia sobre a nosa cultura, a nosa lingua, a nosa identidade colectiva.

A carta é unha resposta coral de once persoas de moi diferente perfil pero con un nexo común que é a literatura galega e é un toque de atención que non debería caer en saco roto. 

No novo período de sesións do Parlamento de Galicia que se abre no mes de febreiro teremos a oportunidade de coñecer a valoración do presidente da Xunta sobre as últimas declaracións feitas polo seu conselleiro de Cultura.



Un comentario para “Menosprecio á cultura galega”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>