O pasado sábado este deputado desprazábase ó concello de Mazaricos, unha vez máis, para atender ás demandas e ás reivindicacions dos veciños de varios núcleos do concello.
Acompañado do Secretario Comarcal, Blas García e do Secretario Local, Secundino Ramos, mantiven diversas reunións que tiñan por obxecto coñecer de primeira man as deficiencias que os veciños querían facer chegar ó PSdeG-PSOE.
Visitei os núcleos de Maroñas, Brañas e Lamasapin. Alí poidemos comprobar o estado das obras que a Xunta de Galicia executa entre A Pereira e o Pino de Val, ademais de atender algunhas demandas que nos formularon os veciños destos núcleos.
Máis tarde desplazámonos ó núcleo de Asenso para manter unha xuntanza cos representantes deste importante núcleo co gallo de anunciarlles a vindeira construcción dun paso para o gando, dando resposta ás demandas que nos fixeran chegar en xuntanzas anteriores e que no seu día non foran atendidas polo alcalde de Mazaricos(PP) e polo anterior goberno presidido por Manuel Fraga. Eu mesmo presentara unha iniciativa no parlamento na pasada lexislatura recollendo o sentir destos veciños.
Tratábase dunha petición razonable, de resolver un problema de seguridade vial e de dotar dun paso a un núcleo onde existe un relevante número de cabezas de gando vacún.
Fixemos durante estos meses as xestións oportunas diante da Consellería de Obras Públicas e o pasado sábado poidemoslle dar dúas boas noticias ós veciños e veciñas de Asenso. A primeira, a xa comentada, a segunda: a construccion de máis de un kilómetro e medio de sendas peonís entre o núcleo de Asenso e o Pino de Val, tal como nos demandara o mesmo colectivo veciñal.
Xa caendo a noite, mantivemos a última xuntanza cos representantes veciñais do núcleo de Suevos. Estaban aterrados pola falta de sinalizacion e de medidas de seguridade vial neste núcleo. Comprometínme con eles a estudar as súas demandas e falar co delegado provincial da CPTOPT para buscar unha solución.
Rematamos o día na parroquia de Arcos participando na constitución da Asociación Cultural Perfecto Sande “Braña”. Esta entidade nace para difundir a obra e os ideais e valores que defendeu Perfecto Sande, un xoven compañeiro de 103 anos que morreu fai uns poucos meses e que foi o último alcalde socialista na II República no concello de Mazaricos. Militante socialista e unha noble persoa.
Blas García e máis eu sentímonos moi orgullosos de ser socios fundadores desta entidade. Quedando menos dunha hora para que rematara o día, demos por finalizada a xornada. En política estamos para servir ós cidadáns, e esta é unha xornada típica de contacto cos colectivos e cos representantes veciñais nun concello rural, nin máis nin menos.




María escribiu:
Moiitísimas gracias polo teu apoio en Mazaricos, eu particularmente agradezote infinito todas as túas visitas e que percorreras o concello falando coa xente pero, xa ves que non serviu de nada, o contrario cada vez nos apoian menos e principalmente en todos aqueles onde tan vos esforzastedes, así que eu penso que o mellor é que a partires de agora resolvan os veciños xunto co PP todos estes problemas, que fagan as vías, os pasos, as señalizacións…por iso penso que é mellor que non fagamos nadas máis porque é peor.
Mil apertas
julieta benegas escribiu:
NON SE PODE IMPOÑER UN CANDIDATO.
MOITO MENOS SE PODE DEIXAR EN MANS DE XENTE QUE NIN VIVE EN MAZARICOS NIN PENSA NIN SINTE A MAZARICOS COMO SEU, A DECISION DE QUEN VAI DE CANDIDATO DUN PARTIDOCOMO O PSOE. FORA O “RELO” QUE MANDE NOS DA CORUÑA E QUE SAQUE OS BANCOS DE DIANTE DA SUA PORTA PORQUE O XUICIO XA O PERDEU.MENUDO SOCIALISTA