María Mariño no 2007

 María Mariño

Merecida homenaxe a que a Real Academia Galega vai render no 2007 á poetisa de Noia, María Mariño Carou. A decisión de adicarlle o día das Letras Galegas do ano que vén conta coa miña simpatía e co meu apoio. Precisamos descubrir a esta muller que viveu tempos duros da nosa historia e que fixo da verba e das letras a forma de expresar o que levaba dentro.

De Noia ó Caurel, esta escritora veu publicada a súa primeira obra Palabra no tempo no ano 1963. Tiveron que transcurrir máis de 20 anos ata que no 1990 poidemos coñecer a súa obra Verba que comenza.

Agardo que o vindeiro 2007 sexa un ano enteiro de coñecemento, difusión e divulgación da obra e vida de María Mariño, e que non só acotemos a actividade cultural e literaria ó día das Letras Galegas. Son firme partidario de aproveitar cada ano para divulgar a obra dun literato, dun artista, e non só quedarnos coa imaxe dun día de moitos actos e moitas celebracións institucionais pero pouco actividade social e cultural na rúa, nos centros educativos ou nos centros socio-culturais. Aquí temos un reto pendente. Queda camiño por facer.



30 comentarios para “María Mariño no 2007”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>